jueves, 1 de agosto de 2013

Despedida da pesca da troita.

     ... meu amig@, como ven sendo tradición, un grupo de amigos reunímonos onte para despedir a tempada da pesca da troita. O escenario elexido nesta ocasión foi o río Eume, couto de Ombre, xornada que en canto a pesca foi agradable polas capturas obtidas, sendo estas de pequeno tamaño, os reos non fixeron acto de presenza, non sei se polas néboas ou pola variación do caudal e as súas frías augas.
     Para non me liar, déixovos unhas fotos do que na realidade era o noso obxectivo, celebrar unha comida entre amigos.
  Alf, en acción.
Pementos de S. Cosme de entrante.

  Empanadas de zamburiñas e polbo.
Alf, facendo o bonito á prancha.
Alf, con Eduardo de axudante. 
 
  Paté de anchoa e queixo.
  A miña porción de atún.
Sen comentarios....
  E de Petín, godello e mencía.
  De sobremesa, requeixo e mel de Goente.
  Os licores caseiros, en cubas.
  E as notas, musicais.
Por certo, botáronse en falta algúns amigos e que esperamos estean na próxima reunión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario