martes, 18 de marzo de 2014

Inicio da tempada de pesca no Eume.

     ...meu amig@, a xornada de apertura depáronos un día de pesca con tempo frío, augas transparentes con bo caudal e a agradábel compañía dos amigos.
     En canto ás capturas comentarvos que a vencedora da xornada foi a culleriña, algunha pintona deixouse enganar pola miñoca e tamén a ninfa. Como o meu é de xulgado de garda, a intención a seca e o  0,0.
     Sen máis comentarios, mirade unhas fotos.
A culleriña.
A ninfa.
A seca.
     E para repoñer forzas, un "cocidito lixeiro" en Casa Santi.
Unha sopa rica como entrante.
Empanadas caseras, deliciosas.
O lacón con grelos, cacheira, chourizo, butelo, freixos.......
Os amigos da primeira xornada 2014.
E para finalizar, compartir cos demais.