domingo, 3 de agosto de 2014

2ª Quedada mosqueira río Masma.

     ... meu amig@,  onte celebramos a 2ª quedada mosqueira río Masma. Como a xornada  comezaba  ás dez da mañá, quedamos un pouco antes para tomar o café e saudar os amigos. Xa sentados fronte o torno cada un atou as imitacións coas que adoita pescar, compartindo a montaxe cos compañeiros. Despois de que algunha mosca "voase", das caixas e sen case darnos conta do tempo chegaba a ora de xantar.

     Comida de confraternidade, animada charla, cafetito e ó local social, onde practicamos o lance ata que a chuvia nos escorrentou. Unha quedada con amigos  namorados deste precioso río e da xente do lugar.
Alf cunha emerxente.
Miguel, imitando o barón roxo.
Gabi apunta maneiras.
 Carlos atando imitacións de formigas, pola tarde tocaba Eo.
Compartindo impresións sobre materiais.
Ensinar os mais novos todo un pracer, e mais si teñen paixón pola pesca.
 De cháchara cos encargados da limpeza do río en esta xornada de mosqueo.