...meu amigo, se che gusta a pesca e queres mergullarte no
mundo da pesca a mosca, tes un curso no que poderás iniciarte ou mellorar as
distintas técnicas.
Páginas
Benvidos a López foto e pesca
jueves, 8 de agosto de 2013
miércoles, 7 de agosto de 2013
Xornada de pesca no Eo.
... meu amigo, a xornada de pesca de onte en Abres no río Eo pasou
sen pena nin gloria, pero con ganas de volver, así que mellor vos deixo unhas
fotos cos seus comentarios.
A alegría é ver novas xeracións.
Imos ver que poden comer.(foto de Alf)
Alf, comentándome como loitan os reos do Eo, xa é “reomaniaco”.(foto de Tray@)
Distintas libreas.
jueves, 1 de agosto de 2013
Despedida da pesca da troita.
... meu amig@, como ven sendo tradición, un grupo de amigos
reunímonos onte para despedir a tempada da pesca da troita. O escenario elexido
nesta ocasión foi o río Eume, couto de Ombre, xornada que en canto a pesca foi agradable
polas capturas obtidas, sendo estas de pequeno tamaño, os reos non fixeron acto
de presenza, non sei se polas néboas ou pola variación do caudal e as súas
frías augas.
Para non me liar, déixovos unhas fotos do que na realidade
era o noso obxectivo, celebrar unha comida entre amigos.
Alf, en acción.
Pementos de S. Cosme de entrante.
Empanadas de zamburiñas e polbo.
Alf, facendo o bonito á prancha.
Alf, con Eduardo de axudante.
Paté de anchoa e queixo.
A miña porción de atún.
Sen comentarios....
E de Petín, godello e mencía.
De sobremesa, requeixo e mel de Goente.
Os licores caseiros, en cubas.
E as notas, musicais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)