...meu amig@, esta tarde de xoves con vento do noroeste que
dificultaba a precisión no lance foi do máis satisfactoria, ao chegar á zona de
pesca e coas augas rizadas polo vento apenas se percibían as cebadas, polo que
comecei a pescar en suaves correntes conseguindo as primeiras pintonas, cando o
vento facía un descanso as cebadas sucedíanse unha tras outra, indicándome
onde tiña que pousar a miña mosca.
Unha vez rematado o tramo só me quedaba indultar a mosca
elixida por darme unha tarde "jososa".
Déixovos unhas fotos da xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario