domingo, 28 de julio de 2013

1ª Quedada mosqueira río Masma.

     ... meu amig@, como xa vos anunciara, onte celebramos a 1ª quedada mosqueira río Masma. Como a reunión estaba prevista para comezar ás dez da mañá, quedamos un pouco antes para tomar o café e preparar a xornada. Despois decidiuse que cada un atase as imitacións coas que adoita pescar, compartindo a montaxe dalgunhas delas cos compañeiros. Despois de que algunha mosca "voase", fumos pescar un anaco antes de comer, conseguindo alguna que outra troita.
     Comida de confraternidade con exactitude inglesa, animada charla, cafetito e ó río, a xornada de pesca estivo entretida, conseguindo enganar algunhas pequenas pintonas. Unha quedada con vellos e novos amigos, namorados deste precioso río e da xente do lugar.
     Pero xa me estou a liar, mellor déixovos unhas fotos.
Carlos, Alfredo, Jorge e Pumares.
Justino, Miguel, e eu.
Justino, coas súas ninfas e os amigos Andrés e Tarsi. 
Pumares, explicando a súa montaxe.
Jorge, coa súa emerxente.  
Carlos, atando unha formiga.
Atractivo peixe de Alfredo.
Facendo a mesma mosca baixo a atenta mirada de Tarsi, Justino e Victor. 
 
Alf, cun tentador bichoco.
Eu, con efémera.
Máis información en: http://pescarioeume.blogspot.com

jueves, 25 de julio de 2013

martes, 23 de julio de 2013

Un martes de “reomania” no Xuvia.

     ...meu amig@, déixovos unhas fotos dos reos dunha xornada "jososa" no Xuvia, tendes toda a información en: http://pescarioeume.blogspot.com
 

sábado, 20 de julio de 2013

1ª Quedada mosqueira río Masma.

     ...meu amig@, o próximo sábado día 27 a asociación de pescadores "Rio Masma” celebra a súa primeira quedada mosqueira. O encontro celebrarase ás dez da mañá en Casa Demetrio Masma. Algúns poñerémonos ó torno e comentaremos as imitacións realizadas para despois pescar con elas, ademáis de disfrutar dunha comida de confraternidade.
     Teredes toda a información do que alí suceda.       

viernes, 12 de julio de 2013

Unha tarde de xoves "jososa".

     ...meu amig@, esta tarde de xoves con vento do noroeste que dificultaba a precisión no lance foi do máis satisfactoria, ao chegar á zona de pesca e coas augas rizadas polo vento apenas se percibían as cebadas, polo que comecei a pescar en suaves correntes conseguindo as primeiras pintonas, cando o vento facía un descanso as cebadas sucedíanse unha tras outra, indicándome onde tiña que pousar a miña mosca.
     Unha vez rematado o tramo só me quedaba indultar a mosca elixida por darme unha tarde "jososa".
     Déixovos unhas fotos da xornada.