...meu amig@, o martes pasado reunímonos na casa de José
Antonio, que practica a nobre e difícil arte de recibir invitados na súa casa,
pois tiñamos que preparar o inicio da tempada de pesca. Cos coutos na carteira
e a comida para o domingo encargada, temos que decidir os tramos de pesca e o
horario do café para a saída ao rio, etc., etc.
Para non vos aburrir con lerias, déixovos unhas fotos da
reunión.
O anfitrión tíñanos preparados uns deliciosos freixos con
lacón.
E´r Danié, sorprendeunos cunha "fantástica" mosca
que leva por nome "Vélaro de ouro", polo de Jasón e os argonautas. E
como o caudal dos ríos esta alto pois seguro que vai de "perlas".
José Carlos, preparando os aperitivos acompañados dun tempranillo branco Abel
Mendoza.
Alf, preparounos un estufado de xabaril con champiñóns, de
chapo. Como maridaxe o amigo Manuel agasallounos cun mencía Dominio de Tares,
Cepas Vellas. De sobremesa requeixo con nata e mel.
Despois dos cafés con "gotas" e augardente caseira
de herbas. Eduardo, deuno todo co seu acordeón.
Os problemas chegaron á hora de saír, tiñamos que pasar o control.
No hay comentarios:
Publicar un comentario