sábado, 30 de marzo de 2013

Cos ríos altos, ao torno.

     ...meu amig@, cos ríos desbordados ou no mellor dos casos moi altos, preferín sentarme ao torno e atar unhas moscas, que ir á aventura.
     Estas son algunhas das imitacións, ao finalizar a "ponte" haberá máis.
 
 

miércoles, 27 de marzo de 2013

Unha madrugada, unhas fotos e á casa.

     ...meu amig@, onte tiñamos couto para Castro de Rei, no río Miño. Aínda sabendo que o río baixaría con moito caudal e que teríamos un día con choiva, lonxe de desanimarnos, e como nalgunhas xornadas xa pasadas por auga gozaramos da pesca, alá que nos fomos.
     Cal foi a miña sorpresa cando chegamos a A Ponte de Outeiro e vimos como estaba o río. Algúns tramos a desbordar e revolto non, o seguinte. Mellor que vexades as fotos, pois foi o que "pesquei".



A Ponte de Outeiro.
 Muiño de Xulián.
Sen comentarios. 
 
 Ponte de Bardián.
 
 
 Ponte de Canto.
     En: http://pescarioeume.blogspot.com, podedes ver a crónica dos compañeiros que quedaron.

domingo, 17 de marzo de 2013

Unha xornada inaugural entre amigos.

     ...meu amig@, na primeira xornada de pesca fómonos "a quitar o gusanillo", uns ao río Eume, ao seu paso por Muras e outros ao pai Miño.
     Unha mañá con néboa e frío foi a tónica xeral, de cando en vez saía algunha raiola e mesmo nos pillou unha sarabiada no Eume. O río un pouco alto, revolto e con augas frías non foi xeneroso en canto a capturas, pero as conseguidas eran de bo tamaño.
E´r Danié, ninfeando.
Tray@ e a súa pintona.
Estas son de José de Petín.
As miñas.
Pescamos ata na mesa.
Unha sopa quentiña para entrar en calor, seguida de empanadas de bacallau, liscos e zorza.
E como cada inicio de tempada o prato estrela, lacón con grelos,cacheira e demais.
Vaia grupiño, ata a próxima.
Máis información en http://pescarioeume.blogspot.com.

jueves, 14 de marzo de 2013

Posta a punto para a apertura.

     ...meu amig@, o martes pasado reunímonos na casa de José Antonio, que practica a nobre e difícil arte de recibir invitados na súa casa, pois tiñamos que preparar o inicio da tempada de pesca. Cos coutos na carteira e a comida para o domingo encargada, temos que decidir os tramos de pesca e o horario do café para a saída ao rio, etc., etc.
     Para non vos aburrir con lerias, déixovos unhas fotos da reunión.
  O anfitrión tíñanos preparados uns deliciosos freixos con lacón.
E´r Danié, sorprendeunos cunha "fantástica" mosca que leva por nome "Vélaro de ouro", polo de Jasón e os argonautas. E como o caudal dos ríos esta alto pois seguro que vai de "perlas".

José Carlos, preparando os aperitivos  acompañados dun tempranillo branco Abel Mendoza.
Alf, preparounos un estufado de xabaril con champiñóns, de chapo. Como maridaxe o amigo Manuel agasallounos cun mencía Dominio de Tares, Cepas Vellas. De sobremesa requeixo con nata e mel.
Despois dos cafés con "gotas" e augardente caseira de herbas. Eduardo, deuno todo co seu acordeón.
Os problemas chegaron á hora de saír, tiñamos que pasar o control.