… meu amig@, o sábado pasado xuntámonos uns amigos para
despedir a tempada da troita. O couto elexido foi o de Ombre no río Eume, e de
paso, intentamos pescar algún Reo.
Algúns compañeiros chegaron ó río coa saída do sol,
outros fómonos incorporando ó longo da mañá.
Alf
tentando un reo.
Héctor xa disfruta pescando a seca.
`E´r Danié´ cuhna una pequeña toita.
E así estivemos a mañá sacando e devolvendo ó río pequeñas
troitas, que nos tiveron entretidos ata hora de xantar.
Preto da unha da tarde achegámonos á casa do
amigo e anfitrión José Antonio, que nos tiña preparado un menú de luxo.
Primeiro
prato, sardiñas lañadas cocidas con cachelos.
Boísimas as sardiñas lañadas asadas.
Bo anfitrión e mellor amigo.
O segundo
prato, chuleta de tenreira galega, espléndida. Só un foi capaz de dar conta
dela.
Postre e xeado cunhas gotas de whisky.
Sen comentarios.
Café, doces e chupitos
Á tarde voltamos ó río, e como se fose un
calco da mañá, coa diferencia de que se deixaron
enganar algúns pequenos reos.
Alf disfrutando da tarde.
Alumno e mestre man a man.
`E´r Danié´ cun pequeño reo.
E así pasamos a despedida da troita. Foi unha xuntanza de
amigos na que botamos de menos a algúns e que por obligacións non nos poideron
acompañar este día e que esperamos que na despedida do reo si estén con nós, e un
bo dia de pesca no “noso Eume”. Que máis se pode pedir?
No hay comentarios:
Publicar un comentario