martes, 19 de junio de 2012

30º Aniversario

   … meu amig@, como pasa o tempo! Fai trinta anos que comecei a atar as miñas primeiras moscas, véndollas atar ó mestre e amigo D. Antonio  Carballeira, as cales eran todas afogadas, pois o que mandaba era o “buldo” no que a pesca a mosca se refire. Logo virían as secas para pescar a “floreo”, e case sen darme conta comezaría co atado de secas, ninfas, bichos, etc. Aínda así, e a día de hoxe, co que máis disfruto é facendo mosca seca, con pelo de cervo, cu de parrulo..., e todo tipo de material que cae nas miñas mans.
   Os magníficos macros, como non, son de meu irmán Tonete (Antonio). Graciñas López.
   Bueno, e xa vale de lerias. Mirade os apetrechos que usaba nos meus comezos.
   Este é un “deseño propio".  Foi o primeiro aparello. Bonito, eh?
Moscas afogadas.
Moscas floreo.
   Logo “diseñei” este outro. Aínda era enrevesado! Despois duns anos xa virían os comerciais, e calquer día ensínovos algún “modeliño” que  tivo a sorte de pasar o reciclado.

   Bo atado e mellor pesca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario