… meu amig@, como pasa o tempo! Fai trinta anos que comecei
a atar as miñas primeiras moscas, véndollas atar ó mestre e amigo D.
Antonio Carballeira, as cales eran todas
afogadas, pois o que mandaba era o “buldo” no que a pesca a mosca se refire.
Logo virían as secas para pescar a “floreo”, e case sen darme conta comezaría
co atado de secas, ninfas, bichos, etc. Aínda así, e a día de hoxe, co que máis
disfruto é facendo mosca seca, con pelo de cervo, cu de parrulo..., e todo tipo
de material que cae nas miñas mans.
Os magníficos macros, como non, son de meu irmán Tonete
(Antonio). Graciñas López.
Bueno, e xa vale de lerias. Mirade os apetrechos que usaba
nos meus comezos.
Este é un “deseño propio". Foi o primeiro aparello. Bonito, eh?
Moscas afogadas.
Moscas floreo.
Logo “diseñei” este outro. Aínda era enrevesado! Despois
duns anos xa virían os comerciais, e calquer día ensínovos algún “modeliño”
que tivo a sorte de pasar o reciclado.
Bo atado e mellor pesca.