lunes, 5 de mayo de 2014

Río Masma, XXI Festa do pescador.

     ...meu amig@, como pasa o tempo. O sábado pasado desprazámonos a Masma, Mondoñedo, para celebrar a XXI festa do pescador, unha mañá agradable e un río Masma nas mellores condicións para a práctica da pesca.
     Como é costume concentrámonos na casa Demetrio para tomar uns cafés e saudar os amigos. Seguidamente procedeuse ao sorteo de tramos e todos a correr, pois xa nos tardaba intentar enganar as preciosas pintonas que o Masma esconde nas súas augas.
     Mellor que vexades unhas fotos do que foi unha xornada de pesca, diferente si, por iso sempre queremos volver, para estar cos amigos, competir, e pasalo ben.
Concentración na casa Demetrio.(Foto de Tr@yo)
Pescando no Masma, unha gozada. (Fotos de Tr@yo)
Xantar e animada charla.
Os trofeos e os seus galardoados.
Os pícaros.
Alf, peza maior.
1º, Chicho.
2º, Alf.
3º, Pumares.
4º, Mazua.
5º, Arca.
6º, Cándido.
7º, Meitin.
8º, Ares.
9º, Silverio.
10º, .....
11º, Roi.
12º, Ariño.
     Pousando co pescador deseñado polo amigo, Sr. Puchades, autor tamén do "cobizado" trofeo ao primeiro clasificado.

martes, 18 de marzo de 2014

Inicio da tempada de pesca no Eume.

     ...meu amig@, a xornada de apertura depáronos un día de pesca con tempo frío, augas transparentes con bo caudal e a agradábel compañía dos amigos.
     En canto ás capturas comentarvos que a vencedora da xornada foi a culleriña, algunha pintona deixouse enganar pola miñoca e tamén a ninfa. Como o meu é de xulgado de garda, a intención a seca e o  0,0.
     Sen máis comentarios, mirade unhas fotos.
A culleriña.
A ninfa.
A seca.
     E para repoñer forzas, un "cocidito lixeiro" en Casa Santi.
Unha sopa rica como entrante.
Empanadas caseras, deliciosas.
O lacón con grelos, cacheira, chourizo, butelo, freixos.......
Os amigos da primeira xornada 2014.
E para finalizar, compartir cos demais.

domingo, 9 de febrero de 2014

Xornada técnica de montaxe, sociedade Fario, A Laracha.

     ...meu amig@, Suso Vilar como presidente da sociedade Fario de A Laracha organizou onte con "Artesáns dá pesca" unha xornada técnica de montaxe.
     O hotel ABC foi o escenario elixido para que os "Artesáns" realizasen distintos tipos de reclamos e imitacións, dos seus tornos saían moscas para troita, reo, salmón e tamén para a pesca no mar. Cada atado era explicado paso a paso, así como os materiais utilizados e as súas variantes.
     Non se pode explicar con todo luxo de detalle o que sucedeu nesta xornada, a atención, paciencia e o trato cos "Artesáns" e asistentes, de dez. Se tedes a oportunidade de asistir a unha destas xornadas entenderédelo mellor.
     Déixovos unhas imaxes que valen máis que mil palabras.
Arturo Alonso.
Eloy Saavedra.
Fernando Comba.
Juan Gayoso.
Julio Seijas.
Miguel Piñeiro.
Oscar Gayoso.
Paco Castro.
Paco Porto.
Santi Nitas.
Atados.
Suso Vilar, e o seu bambú de Tonkín.
Con tanto pesado e unha maña baixo presión, Algún necesitou a asistencia do Doutor Seijas.
     Máis información en: http://pescarioeume.blogspot.com
    Grazas e ata outra.