domingo, 9 de febrero de 2014

Xornada técnica de montaxe, sociedade Fario, A Laracha.

     ...meu amig@, Suso Vilar como presidente da sociedade Fario de A Laracha organizou onte con "Artesáns dá pesca" unha xornada técnica de montaxe.
     O hotel ABC foi o escenario elixido para que os "Artesáns" realizasen distintos tipos de reclamos e imitacións, dos seus tornos saían moscas para troita, reo, salmón e tamén para a pesca no mar. Cada atado era explicado paso a paso, así como os materiais utilizados e as súas variantes.
     Non se pode explicar con todo luxo de detalle o que sucedeu nesta xornada, a atención, paciencia e o trato cos "Artesáns" e asistentes, de dez. Se tedes a oportunidade de asistir a unha destas xornadas entenderédelo mellor.
     Déixovos unhas imaxes que valen máis que mil palabras.
Arturo Alonso.
Eloy Saavedra.
Fernando Comba.
Juan Gayoso.
Julio Seijas.
Miguel Piñeiro.
Oscar Gayoso.
Paco Castro.
Paco Porto.
Santi Nitas.
Atados.
Suso Vilar, e o seu bambú de Tonkín.
Con tanto pesado e unha maña baixo presión, Algún necesitou a asistencia do Doutor Seijas.
     Máis información en: http://pescarioeume.blogspot.com
    Grazas e ata outra.