martes, 15 de octubre de 2013

Club Salmo, VII Trofeo Festas do Rosario.

     ..meu amig@, o pasado sábado día 12 desprazámonos A Coruña para participar na VII edición do trofeo festas do Rosario, á parte da competición nun ámbito fantástico, sempre é agradábel encontrarse con amigos e coñecidos unha vez ao ano.
      Felicitar o Club Salmo e os seus directivos polos cambios na competición que este ano se celebrou entre as enseadas de San Amaro e Pelamios, paseo marítimo da Coruña. A pesca realizouse en dúas mangas, e a zona de competición estaba dividido en catro tramos de 12 postos con 15 metros cada un.
     Déixovos unhas fotos que me pasou o amigo ALF.
3º José Manuel Brea.
2º Alberto Abilleira.
1º Adolfo Conde.
Parabéns aos premiados.
     Tedes máis información en: http://pescarioeume.blogspot.com.es