lunes, 13 de mayo de 2013

Concurso de lance lixeiro da Venatoria.

     ... meu amig@, a sociedade de caza e pesca a "Venatoria" de As Pontes celebrou onte domingo o seu concurso de pesca na modalidade de lance lixeiro (1ª rolda), as capturas nun día gris con vento e frío foron escasos con respecto a anos anteriores. Déixovos unhas fotos dos primeiros clasificados coas súas capturas.
Non todos se deixaron inmortalizar.
1º J. Luis Vilasuso, e peza maior cunha pintona de 55 cm.
2º Manuel Gómez.
3º O amigo Tray@, "capturoume" en acción de pesca.
4º Roberto Seijas.
5º Martín González.
6º Eugenio Rodríguez, a dereita.
7º Alejandro Fernández.
     O relevo xeracional está asegurado.

lunes, 6 de mayo de 2013

XX Festa do pescador en fotos.

     ...meu amigo, seguro que sodes coñecedores do sucedido no XX concurso da sociedade de pesca río Masma, a través da crónica publicada en: http://pescarioeume.blogspot.com, e se non é así, invítovos a visitala.
     Eu como vén sendo costume prefiro que vexades as fotos, nesta ocasión as dos dez galardoados.
1º Silverio.
2º Alf.
3º Pepe Bargo.
4º O Puma.
5º Chicho.
6º Meitín.
7º Cándido.
8º Mazúa.
9º Pruden.
10º Coa dirección.
Peza maior, Bouso.
Os amigos do Masma.  

viernes, 3 de mayo de 2013

XX Festa do pescador, río Masma.

     ...meu amig@, mañá sábado ímonos ao concurso de pesca río Masma.
 

jueves, 2 de mayo de 2013

Segade, non quixo darnos o primeiro reo da tempada.

      ...meu amig@, unha mañá de néboa, chuvia, frío, caudal alto e con augas revoltas, deparounos unha  mala xornada de pesca en canto a capturas. O río Sor, é dende hai anos o punto de reunión cos amigos "reomaníacos", ao chegar a ponte Segade decido poñer unha "moscarilla" e pescar os remansos, despois de soltar catro pequenas troitas, cambio a cana pola cámara e isto foi o que "pesquei".
Refuxio Cascón.
Refuxio Salustio.
Área recreativa ponte Segade.
O mellor, o churrasco cos amigos.
Sempre facendo amigos.