martes, 29 de enero de 2013

Xornada de mosqueo.

     ...meu amig@, a xornada de hoxe foi de mosqueo, mosqueo, a primeira hora de atado dedicámola a imitar emerxentes de efémeras e tricos. Despois do descanso para o café as imitacións foron do máis variado.
     Por momentos pique, e outros, silencio absoluto, mirade senón.
Outras fotos de Alf.
Grazas Alf.

jueves, 24 de enero de 2013

Xornada de mosqueo.

     ...meu amig@, na xornada desta mañá, como podedes ver nas fotos deunos por atar nos nosos anzois imitacións en paracaídas, con corpos en biots de Ganso.

martes, 22 de enero de 2013

Xornadas de mosqueo.

     ...meu amig@, a xornada de hoxe, a petición do amigo Alf dedicámola o atado de imitacións do famoso "Barón Vermello" de Petitjean. Unha imitación de efémera da cal tomamos o nome, pois o atado final e a súa silueta varían considerablemente o compaxinar diferentes técnicas de atado.
     Das atadas hoxe déixovos estes modeliños.
 
Alf, non perde detalle.
E´r Danié, que ordenadiño.
 

lunes, 21 de enero de 2013

Os efectos de Gong no río Eume.

...meu amigo, aquí vos deixo unha mostra dos efectos que causou a cicloxénese explosiva "Gong".
Podedes ver as fotografías do sábado dezanove e domingo día vinte en Amigus (http://www.amigus.org) e nos blogs Pesca río Eume (http://pescarioeume.blogspot.com) e As Pontes en fotos (http://aspontesenfotos.blogspot.com).

 
 
 
 
 
 
 
 

martes, 15 de enero de 2013

Xornadas de mosqueo, e reciclado.

    ...meu amig@, as xornadas de mosqueo de hoxe dedicámoslla ao atado con materiais de reciclado, os distintos materiais utilizados esta mañá descríbovolos ao pé de foto. Así como as imitacións da xornada.
   Entre os materiais reciclados destaco os seguintes: un plumeiro para aproveitar as plumas de avestruz, cordóns de cortinas pois teñen unhas sedas boas e cores mil, las para imitar as ovas, cintas e fíos de paquetería para corpos de ninfas, segmentos, etc., raque de plumas para corpos e restos de pluma de cu de parrulo para dubbing.
E´r Danié e Tray@, coas súas imitacións.
Algúns modeliños.

viernes, 11 de enero de 2013

Xornadas de Mosqueo no Lar.

     ...meu amig@, este xoves retomamos as xornadas de mosqueo no Lar, e comezamos atando algunhas moscas que nos faltan nas nosas caixas. Tamén preparamos para a próxima semana os atados con materiais de reciclado e alternativos.
     Déixovos unha mostra da xornada.
Alf, atando un indicador.
E´r Danié, dándolle a seda.
En plena faena, e de contos.
Tray@ e E´r Danié, con material de reciclado.
  Algunhas imitacións da xornada.
     Se queres pasar unha mañá atando e de cháchara, agardamoste no Lar.