Páginas
Benvidos a López foto e pesca
sábado, 21 de diciembre de 2013
martes, 15 de octubre de 2013
Club Salmo, VII Trofeo Festas do Rosario.
..meu amig@, o
pasado sábado día 12 desprazámonos A Coruña para participar na VII edición do
trofeo festas do Rosario, á parte da competición nun ámbito fantástico, sempre
é agradábel encontrarse con amigos e coñecidos unha vez ao ano.
Felicitar o Club Salmo e os seus
directivos polos cambios na competición que este ano se celebrou entre as
enseadas de San Amaro e Pelamios, paseo marítimo da Coruña. A pesca realizouse
en dúas mangas, e a zona de competición estaba dividido en catro tramos de 12
postos con 15 metros cada un.
Déixovos
unhas fotos que me pasou o amigo ALF.
3º
José Manuel Brea.
2º
Alberto Abilleira.
1º
Adolfo Conde.
Parabéns
aos premiados.
Tedes
máis información en: http://pescarioeume.blogspot.com.es
sábado, 21 de septiembre de 2013
Despedida da tempada do reo.
... meu amig@, onte foi o día elixido para despedir a
tempada de pesca do reo. Quedamos en reunirnos ás sete no Martiño, Pontedeume,
para tomar o café ou chocolate con churros, para seguidamente desprazarnos ao
couto de Ombre, río Eume, e gozar da pesca en compañía dos amigos, no persoal
dicir que só puiden enganar dous pequenos reos de 30 e 32 cm, e unha pequena
pintona na xornada matinal.
Unha vez demos por rematada a xornada de pesca,
"asaltamos" a casa de J. Antonio que exercía unha vez mais de
anfitrión, mirade as fotos, pois nós, volveremos como "irmandiños".
O anfitrión e bo amigo J Antonio.
Un tentempé.
J. Carlos, exercendo de axudante de cociña.
De aperitivo, nécoras.
O prato principal, Cachena galega.
Por se fose pouco, continuamos a xornada gastronómica con
requeixo da Faeira acompañado de mel de Goente, café, licores varios e
rematamos no xardín, algúns cos dixestivos e outros cabeceando polas hamacas,
ou onde podía.
jueves, 5 de septiembre de 2013
Dormentes, cordeis, etc., na praia do lago.
...meu amig@, dende o blog quero denunciar a aparición de
anzois na praia do lago. Isto é algo que a min como pescador me desagrada
profundamente, en primeiro lugar polos accidentes que poden ocasionar en
bañistas ou paseantes e máis se o afectado é un menor, e en segundo lugar, o
furtivismo.
Os dormentes, cordeis, etc., son as artes ilegais nas cales
se deixan anzois cebados que atados a unha rama da beira se deixan á espera de
que pique un peixe, sen a intervención directa do pescador, polo que se
considera pesca "furtiva", unha infracción grave, na que a lei de
pesca fluvial prevé multas de entre 3.000 e 30.000 euros.
Este é o "animaliño": 5 cm de longo, 2,2 cm de
apertura, e unha sedela do 12.
domingo, 1 de septiembre de 2013
Curso pesca a mosca.
...meu amig@, estamos na recta final do curso de pesca a
mosca de agosto. Agora só queda unha cousa: práctica, práctica, práctica.
Diante do torno atando as moscas.
Lance en seco e piscina do Lar.
No río.
As primeiras capturas.
jueves, 8 de agosto de 2013
Curso Pesca a mosca.
...meu amigo, se che gusta a pesca e queres mergullarte no
mundo da pesca a mosca, tes un curso no que poderás iniciarte ou mellorar as
distintas técnicas.
miércoles, 7 de agosto de 2013
Xornada de pesca no Eo.
... meu amigo, a xornada de pesca de onte en Abres no río Eo pasou
sen pena nin gloria, pero con ganas de volver, así que mellor vos deixo unhas
fotos cos seus comentarios.
A alegría é ver novas xeracións.
Imos ver que poden comer.(foto de Alf)
Alf, comentándome como loitan os reos do Eo, xa é “reomaniaco”.(foto de Tray@)
Distintas libreas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)