jueves, 29 de noviembre de 2012

Xoves de mosqueo.

     ...meu amig@, como xa vos comentara esta semana dedicámosllela aos atados en pelo de cervo ou similares, e así o fixermos, algúns tricos entre os que destacar unha imitación de Puterbaugh, outros en paracaídas e algunha comparadun.
Imitación dunha Puterbaug.
E´r Danié, que "manitas".
Máis pra caixa.
 
     A próxima semana estaremos de descanso, pois algúns celebran a Santa Bárbara, patroa dos mineiros.
     Á volta o martes día once retomaremos o atado, sendo o material elixido a pluma dos famosos galos do val do Curueño, (Campohermoso, La Cándana de Curueño, La Vecilla de Curueño e Valdepélago) León.
    Como sempre, vos esperamos no Lar.

martes, 27 de noviembre de 2012

Martes de mosqueo.

    …meu amig@, como tiñamos previsto esta maña dedicámola o atado en pelo de cervo, as imitacións elixidas foron unha efémera marrón e a sarnosa, moscas para o comezo da tempada.
Sen comentarios.
A miña marrón de marzo.
Alf, atando.
E´r Danié, peiteando.
Para rematar, atei nun 26…

    Para o xoves e seguindo co pelo de cervo, a miña elección será engadir un anaco de foam para imitación dun trico, haber con que me sorprenden os amigos.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Xornadas de mosqueo.

      ...meu amig@, na xornada de mosqueo de onte continuamos "liados" entre fíos e nós. Como o martes llelo dedicamos aos baixos de seca hoxe tocaba debater sobre os de ninfa e afogada, despois do intercambio de impresións atamos algún mais de seca para seguir probando.
Este foi o meu elixido de catro metros para ríos con moito arboredo.
Animado debate sobre diámetros e lonxitudes.
Os nós xa saen sós....
Outros líana....


Cun metro de liña o meu baixo funciona correctamente, soltando máis liña mellor.
Alf, co seu baixo de cinco metros e medio, con lances longos moi bo comportamento.
E´r Danié, ca súa sete pés, liña dous e baixo de catro metros, encantado.
 
      Nos aperitivos e por unanimidade a próxima semana volvemos o atado, e o material principal será o pelo de cervo ou similares. Se queres acompañarnos pásate polo Lar.
      Máis en: http://pescarioeume.blogspot.com

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Xornadas de mosqueo no LAR.

    ... meu amig@, na xornada de mosqueo de hoxe liámonos e ben, pois entre fíos, marcas, formulas e facer baixos, se nos paso a mañá voando.
Unha pequena mostra de baixos.
Alf, realizando nós de barril.
Entre fíos, animado cambio de impresións.
E chega a hora de probar o feito, no meu caso un baixo de tres tramos.
Alf, probando o seu baixo de catro tramos.
Tr@yo e Edu, tamén probaron os nosos anoados.

Alf, cambiando o tamaño da mosca, pois gústoulle o seu baixo.
     O xoves seguiremos cos baixos, se te animas, so tes que traer fíos, cana, carrete, e gañas de pasalo ben, esperámoste.

jueves, 15 de noviembre de 2012

Xornadas de mosqueo no Lar.

    ... meu amig@, hoxe pasamos a segunda xornada de mosqueo atando pluma de parrulo.
Cu de parrulo.
Cambiando impresións sobre o atado.
Airb@nas, use-ase E´r Danié, "o seu aire".
Tr@yo, dando o retoque final.
Alf, prefire outros materiais.
Como bos jallej@s.....!

    O martes próximo dedicarémosllelo aos baixos, se che apetece, trae os teus fíos e compartiremos unha mañá de lerias.

martes, 13 de noviembre de 2012

Xornadas de mosqueo no LAR

    ...meu amig@, hoxe comezamos as xornadas de mosqueo no Lar.
O tema principal a pesca a mosca.
Materiais de atado, nesta ocasión reciclando para atar uns pardons.
Alf atando un pardón en paracaídas.
Moscas olivas e marrons pra o comezo de tempada.
    Recorda, se queres compartir e pasar unha mañá de cháchara, achégate ao LAR  os martes e xoves de 10 a 1.

jueves, 8 de noviembre de 2012

Xornadas de Mosqueo

   ...Meu amig@, a semana que vén comezamos unhas novas xornadas de mosqueo, o intercambio de coñecementos en todo o referente á pesca a mosca será o eixe principal destas xornadas, esperámoste.
Máis información en: http://pescarioeume.blogspot.com

lunes, 5 de noviembre de 2012

Feira de Fungos E cogumelos.

     ...meu amig@, se ademais da pesca es afeccionado á micoloxía, pódeche interesar ver ou o meu outro blog: http://aspontesenfotos.blogspot.com, estas son algunhas fotos dos premiados na XXIII edición da feira de fungos e cogumelos, que se celebrou no meu pobo o pasado domingo día 4.