lunes, 29 de octubre de 2012

MOVA e XXIII Feira de Fungos e cogumelos.

   ...meu amig@,  este fin de semana tes que visitar o meu pobo, pois se celebra o "MOVA" Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes, e a tradicional Feira de Fungos e Cogumelos na súa XXIII edición.  
 

lunes, 15 de octubre de 2012

De "copas" nas Pontes.

   … meu amigo, se es seguidor da Selección e queres ver, tocar e facer unha foto de recordo coa copa do Mundo (Sudáfrica 2010, Holanda 0 - España 1) e as de Europa (Austria e Suíza 2008, Alemaña 0 - España 1), (Polonia e Ucraína 2012, Italia 0 - España 4), tes que achegarte hoxe luns de cinco a nove ao auditorio municipal Alovi.

lunes, 8 de octubre de 2012

A Coruña, dende San Amaro ata o Portiño.


   ... meu amig@, o domingo día 7 o club Salmo da Coruña organizou o VI Trofeo Festas do Rosario, e alá fómonos cos nosos aparellos, a pasar un día de pesca e reunirnos de novo cos amigos.
   Ben, vale de lerias, vexamos unhas fotos do noso compañeiro Alf e outras miñas.
 
 Un bo día para a práctica da pesca.
Javi, 1º do grupo e 13º da xeral.
Un "marco" da costa coruñesa perfecto para o deporte e a pesca.   
A media mañá un descanso para repoñer forzas. 
Trayo, 2º do grupo e 18º da xeral.
Que bo equipo e mellores amigos.
Obsérvese a sincronización!
 

   Para rematar, dar as grazas ao club Salmo e á súa directiva pola organización e o trato recibido, vémonos na VII.
   A clasificación e máis información da xornada en: http://pescarioeume.blogspot.com.es

viernes, 5 de octubre de 2012

O Sor, un escenario de luxo para despedir a tempada de pesca.

... meu amig@, para despedir a tempada de pesca, os meus amigos e mais eu eliximos o río Sor. Así foi transcorrendo unha mañá de pesca e unha boa comida xuntos, como mostran as fotos que fixemos Alf e eu.



José Antonio dándolle á culleriña.
Trayo ata probou con vara.
Os reos non se deixaron ver, pero si algunha pintona.
Un viñiño de aperitivo...
... e un bo churrasco cos amigos, que máis se pode pedir?
 
A todos aqueles que non puideron acompañarnos e a todos os internautas, vémonos por aquí ou pescando en calquer río no 2013, ou para os supersticiosos, o 2012+1