Páginas
Benvidos a López foto e pesca
viernes, 28 de diciembre de 2012
sábado, 22 de diciembre de 2012
viernes, 21 de diciembre de 2012
Xornadas de mosqueo no Lar.
Déixovos
unha pequena mostra dos atados da devandita xornada.
Alf, Edu e
E´r Danié concentrados no atado.
Imitacións de Alf.
E´r Danié, atando unha ninfa "Barça".
As miñas
imitacións.
Con motivo
das festas tomámonos uns días de vacacións, pero o martes 15 de xaneiro do
2013, " ou se o prefires 2012 +1" volvemos con novos atados, e os
materiais a utilizar serán de reciclado e alternativos.
Pois cos prezos disparatados e en continuo aumento, lévannos a utilizar produtos que se poden encontrar en comercios do noso pobo ou cidade, solo temos que buscar.
Bo Nadal e feliz ano novo.
martes, 18 de diciembre de 2012
Un martes de mosqueo de dez.
…meu amig@, hoxe martes, gocei dunha estupenda maña atando e
ademais en compaña de amigos. Aquí vos deixo unha mostra das imitacións que
atamos con plumas de Pavón.
Tr@yo, atando un poste ou sinalizador.
As miñas propostas.
Ninfa.
Alf e Tr@yo, Tr@yo e Alf
……..
Alf, enrolando con delicadeza un raque de Pavón.
Efémera.
E despois do atado, rematamos a maña degustando uns viños e
un cocido galego rico, rico.(Non aí foto, :-))
O xoves, seguiremos “a voltas” coas plumas de Pavón, esperámoste.
jueves, 13 de diciembre de 2012
Xoves de mosqueo.
...meu amig@, unha xornada máis e rematamos os atados coa pluma de galos
de León, pero imos quentando o ambiente, mirade, mirade.
Tr@yo, centrado no seu atado.
Sarnosa.
Efémera.
E´r Danié, baixo a atenta mirada de Alf modelando foam.
Coidadiño cos dediños.
A próxima semana o material elixido será o Pavón, plumas que
nos permitirán uns atados efectivos e fermosos.
Se queres pasar unha mañá atando e de cháchara, agardamoste
no Lar.
miércoles, 12 de diciembre de 2012
Un martes moi mosqueado.
…meu amig@ despois dunha semana de descanso volvíamos o
atado, e como xa vos anticiparamos, a pluma de galos de León foi o material
principal, as imitacións po las que nos decidimos foron uns tricos, unha
efémera de as e outra de colar. Pa mostra ……
Sarnosa.
Primeira calidade.
Efémera con as.
E como de costume, o xoves se queres, vémonos no LAR.
jueves, 29 de noviembre de 2012
Xoves de mosqueo.
...meu amig@, como xa vos comentara esta semana dedicámosllela aos atados
en pelo de cervo ou similares, e así o fixermos, algúns tricos entre os que
destacar unha imitación de Puterbaugh, outros en paracaídas e algunha
comparadun.
Máis en: http://pescarioeume.blogspot.com
Imitación dunha Puterbaug.
E´r Danié, que "manitas".
Máis pra caixa.
A próxima semana estaremos de descanso, pois algúns celebran
a Santa Bárbara, patroa dos mineiros.
Á volta o martes día once retomaremos o atado, sendo o
material elixido a pluma dos famosos galos do val do Curueño, (Campohermoso, La
Cándana de Curueño, La Vecilla de Curueño e Valdepélago) León.
Como sempre, vos esperamos no Lar.
martes, 27 de noviembre de 2012
Martes de mosqueo.
…meu amig@, como tiñamos previsto esta maña dedicámola o
atado en pelo de cervo, as imitacións elixidas foron unha efémera marrón e a
sarnosa, moscas para o comezo da tempada.
Sen comentarios.
A miña marrón de marzo.
Alf, atando.
E´r Danié, peiteando.
Para rematar, atei nun 26…
Para o xoves e seguindo co pelo de cervo, a miña elección
será engadir un anaco de foam para imitación dun trico, haber con que me
sorprenden os amigos.
viernes, 23 de noviembre de 2012
Xornadas de mosqueo.
...meu amig@, na xornada de mosqueo de onte continuamos
"liados" entre fíos e nós. Como o martes llelo dedicamos aos baixos
de seca hoxe tocaba debater sobre os de ninfa e afogada, despois do intercambio
de impresións atamos algún mais de seca para seguir probando.
Animado debate sobre diámetros e lonxitudes.
Os nós xa saen sós....
Outros líana....
Alf, co seu baixo de cinco metros e medio, con lances longos
moi bo comportamento.
E´r Danié, ca súa sete pés, liña dous e baixo de catro
metros, encantado.
Máis en: http://pescarioeume.blogspot.com
Este foi o meu elixido de catro metros para ríos con moito
arboredo.
Cun metro de liña o meu baixo funciona correctamente,
soltando máis liña mellor.
Nos aperitivos e por unanimidade a próxima semana volvemos o
atado, e o material principal será o pelo de cervo ou similares. Se queres
acompañarnos pásate polo Lar.
miércoles, 21 de noviembre de 2012
Xornadas de mosqueo no LAR.
... meu amig@, na xornada de mosqueo de hoxe liámonos e ben,
pois entre fíos, marcas, formulas e facer baixos, se nos paso a mañá voando.
Alf, realizando nós de barril.
Entre fíos, animado cambio de impresións.
E chega a hora de probar o feito, no meu caso un baixo de
tres tramos.
Alf, probando o seu baixo de catro tramos.
Tr@yo e Edu, tamén probaron os nosos anoados.
Unha pequena mostra de baixos.
Alf, cambiando o tamaño da mosca, pois gústoulle o seu baixo.
O xoves seguiremos cos baixos, se te animas, so tes que
traer fíos, cana, carrete, e gañas de pasalo ben, esperámoste.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)