viernes, 23 de diciembre de 2022

 

... meu amig@ cos meus mellores desexos



lunes, 24 de diciembre de 2018

... meu amig@, coos meus mellores desexos.
 

sábado, 30 de diciembre de 2017

Feliz 2018

... meu amig@, cos meus mellores desexos.
 

sábado, 23 de diciembre de 2017

Bo Nadal

... meu amig@, coos meus mellores desexos.

lunes, 13 de octubre de 2014

VIII Trofeo mar costa, fewstas do Rosario.

     ... meu amig@, o  sábado 11 de outubro, o Club Salmo da Coruña, celebrou o VIII Trofeo de pesca de mar-costa festas do Rosario. A competición desenvolveuse ao longo de dúas mangas no paseo marítimo de Pelamios.
    O escenario elixido para a proba dividiuse en sectores e postos que foron adxudicados aos pescadores por sorteo.
O paseo de Pelamios escenario da xornada de pesca.
Tray@.
E´r Danié. 
J. Carlos.
 Alf.
Agustín Martínez, campión de España da modalidade.
Diego Martínez, cunha peza de pouco máis do quilo.
O Club do Mar de San Amaro foi o escenario para a pesaxe das capturas e a entrega de premios.
J. Luis e Carlos, presentando as novidades de Tubertini.  
Os Martínez, saga de campións.
David Vázquez, trofeo á peza maior.
Andrés Romero, tercero.
Daniel Fernández,  subcampeón.
Alberto Abilleira, campión.
 
Para rematar, felicitar o club Salmo e a súa directiva por unha organización de dez.  

domingo, 3 de agosto de 2014

2ª Quedada mosqueira río Masma.

     ... meu amig@,  onte celebramos a 2ª quedada mosqueira río Masma. Como a xornada  comezaba  ás dez da mañá, quedamos un pouco antes para tomar o café e saudar os amigos. Xa sentados fronte o torno cada un atou as imitacións coas que adoita pescar, compartindo a montaxe cos compañeiros. Despois de que algunha mosca "voase", das caixas e sen case darnos conta do tempo chegaba a ora de xantar.

     Comida de confraternidade, animada charla, cafetito e ó local social, onde practicamos o lance ata que a chuvia nos escorrentou. Unha quedada con amigos  namorados deste precioso río e da xente do lugar.
Alf cunha emerxente.
Miguel, imitando o barón roxo.
Gabi apunta maneiras.
 Carlos atando imitacións de formigas, pola tarde tocaba Eo.
Compartindo impresións sobre materiais.
Ensinar os mais novos todo un pracer, e mais si teñen paixón pola pesca.
 De cháchara cos encargados da limpeza do río en esta xornada de mosqueo. 

lunes, 5 de mayo de 2014

Río Masma, XXI Festa do pescador.

     ...meu amig@, como pasa o tempo. O sábado pasado desprazámonos a Masma, Mondoñedo, para celebrar a XXI festa do pescador, unha mañá agradable e un río Masma nas mellores condicións para a práctica da pesca.
     Como é costume concentrámonos na casa Demetrio para tomar uns cafés e saudar os amigos. Seguidamente procedeuse ao sorteo de tramos e todos a correr, pois xa nos tardaba intentar enganar as preciosas pintonas que o Masma esconde nas súas augas.
     Mellor que vexades unhas fotos do que foi unha xornada de pesca, diferente si, por iso sempre queremos volver, para estar cos amigos, competir, e pasalo ben.
Concentración na casa Demetrio.(Foto de Tr@yo)
Pescando no Masma, unha gozada. (Fotos de Tr@yo)
Xantar e animada charla.
Os trofeos e os seus galardoados.
Os pícaros.
Alf, peza maior.
1º, Chicho.
2º, Alf.
3º, Pumares.
4º, Mazua.
5º, Arca.
6º, Cándido.
7º, Meitin.
8º, Ares.
9º, Silverio.
10º, .....
11º, Roi.
12º, Ariño.
     Pousando co pescador deseñado polo amigo, Sr. Puchades, autor tamén do "cobizado" trofeo ao primeiro clasificado.