sábado, 21 de septiembre de 2013

Despedida da tempada do reo.

     ... meu amig@, onte foi o día elixido para despedir a tempada de pesca do reo. Quedamos en reunirnos ás sete no Martiño, Pontedeume, para tomar o café ou chocolate con churros, para seguidamente desprazarnos ao couto de Ombre, río Eume, e gozar da pesca en compañía dos amigos, no persoal dicir que só puiden enganar dous pequenos reos de 30 e 32 cm, e unha pequena pintona  na xornada matinal.
     Unha vez demos por rematada a xornada de pesca, "asaltamos" a casa de J. Antonio que exercía unha vez mais de anfitrión, mirade as fotos, pois nós, volveremos como "irmandiños".
O anfitrión e bo amigo J Antonio.
Un tentempé.
J. Carlos, exercendo de axudante de cociña.
De aperitivo, nécoras.
O prato principal, Cachena galega.
     Por se fose pouco, continuamos a xornada gastronómica con requeixo da Faeira acompañado de mel de Goente, café, licores varios e rematamos no xardín, algúns cos dixestivos e outros cabeceando polas hamacas, ou onde podía.   

jueves, 5 de septiembre de 2013

Dormentes, cordeis, etc., na praia do lago.

     ...meu amig@, dende o blog quero denunciar a aparición de anzois na praia do lago. Isto é algo que a min como pescador me desagrada profundamente, en primeiro lugar polos accidentes que poden ocasionar en bañistas ou paseantes e máis se o afectado é un menor, e en segundo lugar, o furtivismo.
    Os dormentes, cordeis, etc., son as artes ilegais nas cales se deixan anzois cebados que atados a unha rama da beira se deixan á espera de que pique un peixe, sen a intervención directa do pescador, polo que se considera pesca "furtiva", unha infracción grave, na que a lei de pesca fluvial prevé multas de entre 3.000 e 30.000 euros.   
Este é o "animaliño": 5 cm de longo, 2,2 cm de apertura, e unha sedela do 12.

domingo, 1 de septiembre de 2013

Curso pesca a mosca.

     ...meu amig@, estamos na recta final do curso de pesca a mosca de agosto. Agora só queda unha cousa: práctica, práctica, práctica.
Diante do torno atando as moscas.
Lance en seco e piscina do Lar.
No río.
As primeiras capturas.